Amigos que escriben, amigos que opinan...
En Faro de Vigo, Xosé Luís Méndez Ferrín inicia unha nova sección no caderno dos sábados, rematada xa a súa entrega sobre os Apelidos Galegos. Titúlase "No fondo dos espellos", unha páxina enteira, e a primeira achega vai dedicada a Alexandre Finisterre (Aquí en PDF).
Pola súa banda, o contertulio Xosé M. González reflexiona, dende o seu habitual espazo en Xornal.com, sobre a inflación de polígonos industriais e residencias da Terceira Idade no noso país. Eu xa dei alí a miña opinión: hai outra industria tan poderosa como estas. Que pobo de mediana entidade se resigna a non ter un flamante Tanatorio?
Lixo
-
Hai contratos-lixo, televisión-lixo, traballo-lixo, literatura-lixo,
comunicación-lixo, comida-lixo, tecnolixo, ciberlixo. Vivimos arrodeados de
lixo, pe...
Hace 18 horas






